Actividades adicionais

Presentación das obras do escultor Francisco R. Remiseiro e outros actos culturais, visita guiada á cidade de Varsovia, cea de clausura.

Advertisements

Sobre o congreso

O congreso Identidade e xénero en Galicia desde unha perspectiva interdisciplinar terá lugar en Varsovia (Polonia) entre o 9 e o 11 de maio de 2016 e será organizado polo Instituto de Estudos Ibéricos e Iberoamericanos da Universidade de Varsovia e o Centro de Estudos Galegos de Varsovia.

Os conferenciantes plenarios confirmados son:

Maria Filipowicz (Uniwersytet Jagielloński, Polonia)

Carme Fernández Pérez-Sanjulián (Universidade da Coruña)

Helena González Fernández (Universidade de Barcelona, España)

Tadeusz Miłkowski (Uniwersytet Warszawski)

Dolores Vilavedra (Universidade de Santiago de Compostela, España)

Comité científico

María Xosé Agra (Consello da Cultura Galega, España)

Anxo Angueira (Universidade de Vigo, España)

Urszula Aszyk (Uniwersytet Warszawski, Polonia)

Beata Baczyńska (Uniwersytet Wrocławski, Polonia)

Luís Bará Torres (Investigador independente, España)

María do Cebreiro (Universidade de Santiago de Compostela, España)

Brad Epps (University of Cambridge, UK)

Helena González Fernández (Universitat de Barcelona, España)

Carme Fernández Pérez-Sanjulián (Universidade da Coruña)

Maria Filipowicz (Uniwersytet Jagielloński, Polonia)

Anna Kalewska (Uniwersytet Warszawski, Polonia)

Barbara Łuczak (Uniwersytet Adama Mickiewicza w Poznaniu, Polonia)

Xosé Manoel Núñez Seixas (Ludwig-Maximilians-Universität München, Alemania)

Aurora Marco López (Universidade de Santiago de Compostela, España)

Zofia Marzec (Uniwersytet Warszawski, Polonia)

Carmen Mejía (Universidad Complutense de Madrid, España)

Tadeusz Miłkowski (Uniwersytet Warszawski, Polonia)

Henrique Monteagudo (Universidade de Santiago de Compostela, España)

Katarzyna Moszczyńska (Uniwersytet Warszawski, Polonia)

Magda Potok (Uniwersytet Adama Mickiewicza w Poznaniu, Polonia)

María Reimóndez Meilán (Investigadora independente, España)

Anna Sawicka (Uniwersytet Jagielloński, Polonia)

Piotr Sawicki (Wyższa Szkoła Filologiczna we Wrocławiu, Polonia)

Beatriz Suárez Briones (Universidade de Vigo, España)

Laura Tato Fontaiña (Universidade da Coruña, España)

Dolores Vilavedra (Universidade de Santiago de Compostela, España)

Comité organizador

Presidentas

Maria Boguszewicz (Universidade de Varsovia, Polonia)

Ana Garrido González (Universidade de Varsovia, Polonia)

Secretario

Bartosz Dondelewski (Universidade Jaguellónica, Cracovia)

Membros

Marcos Arcaya (Uniwersytet Warszawski, Polonia)
Aleksandra Gocławska (Uniwersytet Warszawski, Polonia)
Aleksandra Jackiewicz (Uniwersytet Warszawski, Polonia)
Marta Kobiela-Kwaśniewska (Uniwersytet Śląski, Polonia)
Rebeca Lema (Uniwersytet Warszawski, Polonia)
Antía Marante Arias (Christian-Albrechts- Universität zu Kiel, Alemania)
Marta Pawlikowska (Uniwersytet Łódzki, Polonia)
Daria Salamonowska (Uniwersytet Warszawski, Polonia)
Juliana Serpentini (Uniwersytet Warszawski, Polonia)
Urszula Wilk (Uniwersytet Warszawski, Polonia)

Comunicacións

As comunicacións poderán realizarse en galego, español, portugués e inglés e serán de 20 minutos.

As personas interesadas en participar no congreso, deben enviar as súas propostas de comunicación dunha extensión máxima de 200 palabras acompañadas dos seguientes datos:

  • nome do autor
  • afiliación académica
  • correo electrónico
  • cinco palabras chave
  • tipo de participación (cuota xeral / cuota de doutorando)

As propostas deben enviarse ao correo electrónico do congreso: identidadeexenero@gmail.com   antes do 30 de novembro de 2015. A notificación da selección comunicarase aos interesados antes do 30 de decembro de 2015.

Convocatoria

O simposio pretende reflexionar e analizar, desde unha perspectiva multidisciplinar, sobre a identidade ou máis ben identidades comunitarias que levan construíndo os galegos ao longo da súa historia. Desde os mitos celtas e Atlantistas pasando pola complexa construción feita polos exiliados desde América Latina, unha identidade cultural alternativa nun contexto transnacional, hasta beber das actuais teorías poscoloniais que cuestionando a hexemonía metropolitana e a homoxeneidade cultural reorientan a súa atención cara os estudos transculturales e a construción de identidades subalternas.

A exploración moderna da identidade cultural, reconfigurou totalmente o que podemos considerar centro e marxe, e o movemento globalizador, que parecía anunciar o apocalíptico final da diversidade cultural, ten levado a moitos teóricos a conducir a súa mirada cara eses supostos marxes. Como consecuencia disto as identidades minorizadas téñense convertido en centro e protagonista dos actuais estudios que analizan as construcións identitarias en contextos transculturais. Así mesmo o feminismo e os estudos sobre diversidade sexual proporcionaron as ferramentas teóricas fundamentais sobre a construción das identidades desde a marxe e a exclusión. Non é de estrañar pois que en Galicia o movemento feminista teña tan longo recorrido e a chamada moda violeta chegase a desestabilizar o canon e a posición marxinal das escritoras.

Esta investigación proponse realizar un retrato complexo e un recorrido minucioso polo caso galego como exemplo paradigmático que, con total seguridade, aportará interesantes reflexións aos estudos de xénero e identidades en contextos transculturais.

O simposio contará coa participación de varios expertos nacionais e internacionais, tales como a Profesora Dolores Vilavedra da Universidade de Santiago de Compostela ou a Profesora Helena González Fernández do Centre Dona i Literatura, Universitat de Barcelona.

Invitamos a participar tanto aos investigadores de estudos culturais, como literararios, lingüísticos e históricos. Propomos os seguintes eixes temáticos, porén, todas as propostas serán benvidas:

1. Literatura de muller en Galicia.
2. Literatura como ferramenta de desenvolvemento da identidade cultural e sexual en Galicia.
3. Feminismo como fenómeno cultural e histórico en Galicia.
4. Feminismo e situación da muller en Galicia desde a perspectiva lingüística e sociolingüística.
5. Neofalantes – novas identidades, novos discursos.
6. Emerxencia das novas identidades no mapa cultural de Galicia.
7. Emigración e identidade. Identidades transnacionais: son galego de…
8. Identidade e ciberespacio.
9. Historia das mulleres en Galicia.
10. Memoria histórica desde a perspectiva xenérica.
11. Recuperación da memoria histórica en Galicia.

Relatores plenarios confirmados:

María Xosé Agra (Consello da Cultura Galega, España)

Maria Filipowicz (Uniwersytet Jagielloński, Polonia)

Carme Fernández Pérez-Sanjulián (Universidade da Coruña, España)

Helena González Fernández (Universidade de Barcelona, España)

Tadeusz Miłkowski (Universidade de Varsovia, Polonia)

Beatriz Suárez Briones (Universidade de Vigo, España)

Dolores Vilavedra (Universidade de Santiago de Compostela, España)