Convocatoria

O simposio pretende reflexionar e analizar, desde unha perspectiva multidisciplinar, sobre a identidade ou máis ben identidades comunitarias que levan construíndo os galegos ao longo da súa historia. Desde os mitos celtas e Atlantistas pasando pola complexa construción feita polos exiliados desde América Latina, unha identidade cultural alternativa nun contexto transnacional, hasta beber das actuais teorías poscoloniais que cuestionando a hexemonía metropolitana e a homoxeneidade cultural reorientan a súa atención cara os estudos transculturales e a construción de identidades subalternas.

A exploración moderna da identidade cultural, reconfigurou totalmente o que podemos considerar centro e marxe, e o movemento globalizador, que parecía anunciar o apocalíptico final da diversidade cultural, ten levado a moitos teóricos a conducir a súa mirada cara eses supostos marxes. Como consecuencia disto as identidades minorizadas téñense convertido en centro e protagonista dos actuais estudios que analizan as construcións identitarias en contextos transculturais. Así mesmo o feminismo e os estudos sobre diversidade sexual proporcionaron as ferramentas teóricas fundamentais sobre a construción das identidades desde a marxe e a exclusión. Non é de estrañar pois que en Galicia o movemento feminista teña tan longo recorrido e a chamada moda violeta chegase a desestabilizar o canon e a posición marxinal das escritoras.
Esta investigación proponse realizar un retrato complexo e un recorrido minucioso polo caso galego como exemplo paradigmático que, con total seguridade, aportará interesantes reflexións aos estudos de xénero e identidades en contextos transculturais.
O simposio contará coa participación de varios expertos nacionais e internacionais, tales como a Profesora Dolores Vilavedra da Universidade de Santiago de Compostela ou a Profesora Helena González Fernández do Centre Dona i Literatura, Universitat de Barcelona.

Invitamos a participar tanto aos investigadores de estudos culturais, como literararios, lingüísticos e históricos. Propomos os seguintes eixes temáticos, porén, todas as propostas serán benvidas:
1. Literatura de muller en Galicia.
2. Literatura como ferramenta de desenvolvemento da identidade cultural e sexual en Galicia.
3. Feminismo como fenómeno cultural e histórico en Galicia.
4. Feminismo e situación da muller en Galicia desde a perspectiva lingüística e sociolingüística.
5. Neofalantes – novas identidades, novos discursos.
6. Emerxencia das novas identidades no mapa cultural de Galicia.
7. Emigración e identidade. Identidades transnacionais: son galego de…
8. Identidade e ciberespacio.
9. Historia das mulleres en Galicia.
10. Memoria histórica desde a perspectiva xenérica.
11. Recuperación da memoria histórica en Galicia.

Relatores plenarios confirmados:
María Xosé Agra (Consello da Cultura Galega, España)
Maria Filipowicz (Uniwersytet Jagielloński, Polonia)
Carme Fernández Pérez-Sanjulián (Universidade da Coruña, España)
Helena González Fernández (Universitat de Barcelona, España)
Tadeusz Miłkowski (Uniwersytet Warszawski, Polonia)
Beatriz Suárez Briones (Universidade de Vigo, España)
Dolores Vilavedra (Universidade de Santiago de Compostela, España)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s